Unha viaxe planetaria cara ao marabilloso mundo da depuración da auga

 

 

Preguntas e suxestións

FCC Aqualia S.A. (no sucesivo Aqualia ou a organización), con CIF nº A26019992 e enderezo social en _C/ Federico Salmón 13, Madrid 28016_, con motivo da celebración do Día Mundial da Auga o próximo 22 de marzo de 2017, organiza un concurso dixital (no sucesivo, o Concurso) que se rexerá con respecto ás presentes bases legais (no sucesivo, as Bases).

Concurso:

O Concurso organizado por Aqualia consiste na construción de composicións polos participantes do Concurso a través da páxina web www.misiondepuracion.gal (no sucesivo, a Plataforma), na que os nenos e nenas terán que amosar nas súas composicións  como sería o seu planeta perfecto amosando o que aprenderon sobre a depuración e a reutilización utilizando os diferentes elementos que poñemos á súa disposición no sitio.
Posteriormente estas composicións serán avaliadas por parte dun xurado para determinar os gañadores nas distintas categorías existentes, sempre que cumpran co disposto nas presentes Bases.

Duración do concurso

O concurso é válido para todas as creacións cargadas na Plataforma desde as 00:00 horas (GMT+1) do día 22/03/2017 ata as 00:00 horas (GMT+1) do día 23/05/2017. Non se aceptarán no concurso as creacións subidas fóra deste prazo de tempo.

Se por causas de forza maior ou alleas ao control de Aqualia fora preciso aprazar ou modificar a duración do concurso, ou anular ou repetir o mesmo, este feito notificarase aos participantes a través da Plataforma ou vía correo electrónico.

Descrición dos participantes

O Concurso organizado por Aqualia está destinado aos seguintes participantes:

  • De maneira individual, alumnos ou alumnas que no momento da celebración do Concurso estean cursando 3º e 4º de Primaria nos colexios dos municipios onde Aqualia xestiona o ciclo integral da auga.
  • De maneira colectiva, clases de 3º ou 4º de Primaria de colexios ou centros docentes situados nos municipios onde Aqualia xestiona o ciclo integral da auga.

Non se considerará válida a participación no concurso de persoas físicas ou centros docentes que non cumpran cos requisitos indicados anteriormente.

Aceptación das Bases

A participación neste concurso supón a aceptación íntegra das presentes Bases e a submisión expresa das decisións interpretativas que das mesmas efectúe a organización. Aqualia resérvase o dereito a descalificar aos participantes que incumpran as mesmas e, especialmente, calquera participación que vaia en contra destas Bases.

Coa aceptación destas Bases os participantes comprenden os termos e condicións das mesmas e comprométense a cumprir coa normativa vixente que poida resultar de aplicación a este respecto, de modo que polo simple feito de participar no Concurso están prestando o seu consentimento a someterse ás Bases e á legalidade de forma total e irrevogable.

A manifestación en contra do participante, independentemente do momento no que se realice, implicará a súa autoexclusión do Concurso e a liberación de Aqualia de calquera compromiso adquirido co participante.

As presentes Bases atópanse a disposición de calquera persoa que desexe consultalas a través da Plataforma (www.misiondepuracion.gal).

Termos de participación

Para poder participar no concurso, o interesado debe acceder á Plataforma e seleccionar entre as distintas opcións de participación que se ofrecen, é dicir, participación individual (como alumno ou alumna) ou participación colectiva (clase de 3º ou 4º de primaria dun colexio ou centro docente). No caso de participación colectiva, o representante da mesma, deberá incluír a información solicitada pola Plataforma antes de iniciar a elaboración do debuxo.

Posteriormente, o participante deberá utilizar os medios que a Plataforma pon á súa disposición para elaborar unha composición. A continuación, o participante deberá gardala e posteriormente validala para garantir a súa participación no Concurso. No caso de participacións individuais, unha vez gardada a historia e antes de proceder á súa validación, a Plataforma solicitará información propia do participante, así como o enderezo de correo electrónico dos seus pais ou titores legais coa finalidade de obter a debida autorización dos mesmos para a correcta participación no Concurso do alumno ou alumna. As composicións elaboradas, xa sexa de maneira individual ou colectiva, non serán aceptadas no Concurso se non inclúen a información solicitada en relación ao colexio ou centro docente ou a autorización dos pais ou titores no suposto que corresponda. Adicionalmente, os pais ou titores tamén poderán acudir ás oficinas de Aqualia, para outorgar a autorización necesaria para que o menor participe no Concurso.

Unha vez validadas as historias, as mesmas serán publicadas na Plataforma, concretamente no apartado Galería, desde onde se poderán compartir as historias na rede social Facebook e Twitter.

O xurado decidirá os gañadores segundo os votos recibidos na Plataforma, a creatividade, orixinalidade e axuste ao tema do Concurso. Esta decisión será inapelable e dependerá unicamente do criterio do xurado.

Debe terse en conta que as valoracións que se poidan realizar das historias a través das distintas redes sociais nas que se poden compartir, non terán ningunha implicación no desenrolo do concurso. Facebook e Twitter non patrocinan, avalan, nin administran de modo algún o Concurso, nin están asociados ao mesmo en ningún caso.

Aqualia resérvase o dereito de non entregar o premio do concurso a calquera que trate de, ou chegue a, defraudar, alterar ou inutilizar o bo funcionamento e o transcurso normal e regulamentario do concurso.

Requisitos para participar

A participación no concurso é gratuíta, voluntaria e está limitada a quen cumpra todos os requisitos que se detallan a continuación:

  • Alumno ou alumna que estea cursando os cursos de 3º ou 4º de Primaria nos colexios dos municipios onde Aqualia xestiona o ciclo integral da auga.
  • Clases de 3º ou 4º de Primaria de colexios ou centros docentes situados nos municipios onde Aqualia xestiona o ciclo integral da auga.
  • Cumprir cos requisitos especificados no apartado “Termos de participación” das presentes Bases.
  • Non utilizar a participación no presente concurso para: (i) difundir ideas políticas ou relixiosas, (ii) promover inxurias e/ou calumnias fronte  a terceiros, (iii) usar linguaxe violenta, obscena e ofensiva, (iv) publicar contido diferente á temática do concurso.

Comunicación de gañadores

A comunicación dos gañadores do Concurso levarase a cabo a partir do 12 de xuño de 2017, a través dos seguintes medios:

  • As oficinas de Aqualia naqueles municipios nos que xestione o ciclo integral da auga.
  • A través da Plataforma www.misiondepuracion.gal
  • A través da páxina web de Aqualia: www.aqualia.com

Premios

10 premios individuais: cada gañador recibirá unha Tableta Samsung 7¨.

1 premio colectivo para o colexio gañador do debuxo colectivo realizado por unha clase. Obterá como premio unha tarxeta de 1.000€ para material educativo.

250 cámaras dixitais acuáticas, unha para cada finalista.

Os premios anteriores non poderán ser obxecto de cambio ou alteración a petición de ningún dos gañadores. Os premios serán entregados exclusivamente dentro do período de tempo que determine a organización.

Protección de datos de carácter persoal

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, Aqualia infórmalle que o enderezo de correo electrónico facilitado polo seu fillo, filla ou tutelado a través da Plataforma www.misiondepuracion.gal, foi obtido coa única finalidade de obter a autorización prevista na mencionada lei para o tratamento dos datos persoais do menor de catorce anos. Asemade, informámoslles e vostede consinte expresamente como pai/nai ou titor do menor participante no Concurso que os datos persoais do mesmo obtidos a través da Plataforma, así como os que se obteñan con motivo do desenrolo do Concurso, serán tratados coas seguintes finalidades:

  • Xestionar a correcta participación no concurso.
  • Tramitar a entrega dos premios.
  • Difundir o concurso, os seus resultados e as historias por calquera medio de comunicación.

Asemade, no caso de que participe no concurso en calidade de representante da modalidade de participación colectiva, informámoslle que os seus datos de carácter persoal serán utilizados coas finalidades indicadas.

Para o bo desenrolo do concurso será necesario que os datos persoais dos participantes, obtidos a través da Plataforma, así como os facilitados para a entrega dos premios, sexan veraces, completos e actuais, ao que se comprometen a través da aceptación destas Bases. Se os datos de carácter persoal dun gañador do concurso fosen incertos, falsos, incompletos ou non estivesen actualizados de maneira que a identificación do gañador sexa imposible por medios razoables, Aqualia resérvase o dereito a descalificalos do concurso, quedando libre de toda responsabilidade ao respecto.

Vostede poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, para vostede mesmo ou en representación do participante do Concurso, remitindo un escrito coa ref. “Protección de Datos” e fotocopia do DNI do titular dos datos, ao seguinte enderezo postal, C/ Federico Salmón, 13. 28016 Madrid ou cursando a súa petición cos mesmos requisitos a través de protecciondedatos@fcc.es.

Mediante a aceptación das presentes Bases, os representantes legais dos participantes que resulten declarados gañadores ceden a Aqualia, en exclusiva e con facultade de cesión a terceiros, os dereitos de imaxe que puideran corresponderlles como consecuencia da súa participación no Concurso e que poderán seren obxecto de comunicación pública a través de diversos medios de comunicación (páxinas web, redes sociais, etc.)

A tal efecto, o representante legal do participante outorga o seu consentimento para o tratamento e cesión dos datos persoais do Menor, incluída imaxe, para as finalidades estipuladas nas presentes bases legais, así como, para a súa difusión a través de diferentes canles e medios.

Dereitos de propiedade intelectual

O participante garante que é o único titular dos dereitos de propiedade intelectual de cada unha das historias que se presenten ao concurso e responsabilízase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas historias presentadas, así como de toda reclamación de terceiros por dereitos de imaxe e/ou de propiedade intelectual.

Adicionalmente, o participante cede a Aqualia os dereitos de explotación e difusión das fotografías a través de, sen carácter limitativo, medios de comunicación, exposicións, campañas publicitarias, redes sociais, páxinas web, etc. Asemade, o participante cede a Aqualia os dereitos patrimoniais que recaen sobre as historias sen limitación temporal e/ou espacial.

Responsabilidades

Aqualia resérvase o dereito de anular calquera participación ou a calquera participante, se se teñen sospeitas dunha manipulación incorrecta dos datos ou do Concurso.

A organización resérvase o dereito a rexeitar ou excluír da participación no Concurso a calquera participante que non reúna os requisitos descritos nas presentes bases e termos de participación ou contraveña as normas ou finalidade do concurso.

A organización non se responsabiliza do mal funcionamento da Plataforma, nin das posibles perdas de datos por problemas de correo electrónico e/ou polo mal funcionamento da Internet.

Ademais, a organización exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas, puideran deberse á utilización indebida dos servizos e dos contidos por parte dos usuarios, e, en particular, aínda que non de forma exclusiva, polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á suplantación da personalidade dun terceiro efectuada por un usuario en calquera clase de comunicación realizada a través da Plataforma.

Nulidade

Se calquera previsión das presentes Bases fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia afectará tan só a esa disposición ou parte da mesma que resulte nula ou ineficaz, subsistindo en todo o demais o resto de Bases e téndose tal disposición ou a parte da mesma que resulte afectada por non posta, agás que, por resultar esencial ás presentes Bases, houbese de afectalas de forma integral.

Xurisdición e lei aplicable

As presentes Bases interpretaranse e rexeranse de conformidade coa lexislación española. Para calquera cuestión litixiosa derivada da existencia, acceso, utilización ou contido das Bases, o participante e Aqualia renuncian expresamente a calquera outro foro que puidera corresponderlles, someténdose á xurisdición e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais de Madrid.


 

Despega!
e comenza a tua viaxe planetaria

 

Ver vídeo presentación