Unha viaxe planetaria cara ao marabilloso mundo da depuración da auga

 

 

Preguntas e suxestións

Sabías que a auga, despois de ser usada nas nosas casas, colexios, industrias… segue o seu percorrido ata as depuradoras onde se trata para devolvela ao medio ambiente nas mellores condicións?

E sabías, ademais, que no proceso de depuración da auga se pode conseguir enerxía limpa coa que, por exemplo, un coche percorra moitos quilómetros de distancia?

No noso planeta, unha de cada tres persoas non dispón de saneamento da auga alá onde vive e isto provoca importantes enfermidades. Ti tes a sorte de que cada vez que utilizas a auga do inodoro, lavas as mans, dúchaste ou cando se lava a roupa, esa auga utilizada é canalizada e comeza o seu proceso de depuración. Deste xeito colaboras para que, entre todos, consigamos un planeta mellor.

Atréveste a demostrar a túa creatividade nesta misión depuración?

Demóstranos que es un superheroe coidando da auga e do teu planeta.

XA REMATOU O PRAZO DE PARTICIPACIÓN.

 

Despega!
e comenza a tua viaxe planetaria

 

Ver vídeo presentación