Unha viaxe planetaria cara ao marabilloso mundo da depuración da auga

 

 

Preguntas e suxestións

Como fago para participar?

O primeiro que debes facer é clic co rato sobre o foguete que aparece na web, ou ben na palabra “Despega!” que podes encontrar no menú. A partir de aí, enche os datos do pequeno formulario, e comeza a túa aventura!


Teño que realizar o meu debuxo dunha soa vez ou podo empezalo pero rematalo noutro momento?

Si, podes empezalo cando queiras e gardalo sen “finalizar”, para volver a acceder outro día ou as veces que queiras e continuar decorando o teu planeta. Só debes ter en conta que debes rematalo ao 100% antes da data de finalización do Concurso, que podes consultar nas Bases.


Como pode autorizar a participación mamá ou papá?

É moi sinxelo:

- Se no rexistro indicaches o correo electrónico dalgún dos teus pais, recibirán un correo electrónico no que lles informamos e só teñen que facer clic nel para que a túa participación estea validada.

- De non recibiren ese correo, poden autorizar a túa participación accedendo desde aquí: http://misiondepuracion.gal/autorizacion

- Tamén poden autorizar a túa participación na oficina de Aqualia que desexen.


Cando remata o prazo para participar no Concurso?

Podes consultar as datas de finalización do Concurso no apartado “Duración do Concurso” que se detalla nas Bases: http://misiondepuracion.gal/bases


Cando se comunican os gañadores?

Durante o mes de xuño de 2017, a través da propia web, así como nas oficinas de atención ao cliente de Aqualia. En función do número de participantes e o tempo que comporte a súa revisión e valoración por parte do Xurado, a data de publicación dos gañadores pode variar máis ou menos, pero a previsión é que sexa ao longo do mes de xuño.


Como contacta Aqualia cos gañadores?

Unha vez que Aqualia se comunica cos gañadores, desde a empresa coordínase a través de Delegacións e Zonas territoriais a xestión de chamadas persoais a cada un dos gañadores por parte dun responsable de Aqualia, polo que o proceso pode levar un tempo debido a que, á súa vez, coordínanse entregas de premios con Concellos, Centros Escolares, etc.

 

Despega!
e comenza a tua viaxe planetaria

 

Ver vídeo presentación